Patróns de crecemento de nenos de 0 a 5 anos

Gráficas da Organización Mundial da Saúde (OMS). Para facer estas gráficas escolléronse nenos sans nacidos a termo, aos cales mediron e pesaron periodicamente; cos datos obtidos debuxáronse as curvas.

Na gráfica aparecen curvas e cada unha representa unha porcentaxe de nenos todos sans: 3, 10, 25, 50, 75, 90 e 97 (da liña inferior á superior).
A liña central, que corresponde ao 50%, só indica que a metade dos nenos se desenvolveron por debaixo e a outra metade por arriba, e tanto os que estaban na liña de arriba (un 3%) como os que estaban na de abaixo (outro 3%) eran igual de sans.

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio