Atender posibles intoxicacións

Existe un Centro Nacional de Información Toxicolóxica, ao que podemos recorrer telefonicamente as 24 horas do día para resolver as primeiras dúbidas sobre que facer cando nos enfrontamos a unha posible intoxicación.

Teléfonos: 912 620 420, 912 628 585 ou 912 629 190

En todo caso, se o noso fillo ou filla tragou algún produto tóxico como lixivia, disolvente, deterxente, raticida, etc.,

  • Non lle provoquemos nunca o vómito
  • Acudamos axiña aos servizos médicos de urxencia
  • Levar sempre o envase do produto inxerido

Se o que tragan foi algún medicamento, e disto hai pouco tempo:

  • Darlle un par de vasos de auga para diluílo no estómago e provocar o vómito introducindo o noso dedo na súa gorxa.
  • A continuación, vomitase ou non, acudamos ao servizo médico de urxencia, levando sempre connosco o envase do medicamento.

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio