O máis visto

  • Imaxe contido

    Previr a carie dental

    Trátase da enfermidade máis frecuente entre os nenos e nenas, que destrúe os seus dentes e dificulta a mastigación dos alimentos, podendo chegar a ser focos de infección e dor. Provocan a carie os ácidos que producen as bacterias logo de consumir o azucre que queda entre os dentes despois de comidas doces. Estes ácidos van destruíndo o esmalte do dente.

  • Imaxe contido

    Atender golpes e feridas

    Para os pequenos golpes en calquera punto ou «croques» na cabeza, o mellor para amortecer a inflamación e a dor é aplicar xeo metido nunha bolsa ou compresas de auga ben fría sobre a zona durante uns cantos minutos, facendo pequenos descansos.

  • Imaxe contido

    Proporcionar un aseo saudable

    Non se nace sabendo ser nai e pai, apréndese a selo á vez que medran e maduran os fillos.O baño ten que ser un rito diario, nun lugar con temperatura agradable ao redor dos 20°C, sen correntes de aire, e no momento do día que nos permita facelo con calma.

  • Imaxe contido

    De adulto modificado

    Esta etapa vai do ano aos tres anos de idade. As cantidades de comida dependerán do gasto de enerxía e do peso, pero o seu réxime de comidas ten que ser variado, sinxelo e natural, adaptándose progresivamente á comida diaria do resto da familia, con algunhas modificacións en canto á súa presentación: partir polo miúdo todos os alimentos sólidos, e evitar engadirlles salsas fortes, especias ou sal.

  • Imaxe contido

    Asegurar unha alimentación saudable

    Unha axeitada alimentación na primeira infancia inflúe decisivamente no crecemento e desenvolvemento tanto físico como mental, e diminúe enormemente o risco de infeccións. Pola contra, unha alimentación infantil inadecuada, en calidade ou cantidade, condicionará a aparición de enfermidades por defecto de nutrientes —desnutrición—, ou por exceso deles —obesidade—, que poden repercutir negativamente, tanto na saúde actual como na de adulto.

  • Imaxe contido

    O chupete

    Usar o chupete non é algo obrigatorio, e hai bebés que o rexeitan. Só cumpre a misión de satisfacer o instinto de chupar, tranquilizando o bebé, pero non debe ser un fácil substituto dos coidados necesarios. Non prolongar o uso do chupete máis alá dos 12 ou 15 meses para evitar deformacións na boca e na dentadura.

  • Imaxe contido

    Atender unha asfixia

    Falamos aquí daquelas que se producen por pequenos obxectos ou alimentos cando se meten na vía do aire cara aos pulmóns.

  • Imaxe contido

    Patróns de crecemento de nenos de 0 a 5 anos

    Gráficas da Organización Mundial da Saúde (OMS). Para facer estas gráficas escolléronse nenos sans nacidos a termo, aos cales mediron e pesaron periodicamente; cos datos obtidos debuxáronse as curvas.

4 de 5
Elementos por páxina
A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde