Existe un Centro Nacional de Información Toxicolóxica, ao que podemos recorrer telefonicamente as 24 horas do día para resolver as primeiras dúbidas sobre que facer cando nos enfrontamos a unha posible intoxicación.
Teléfonos: 912 620 420, 912 628 585 ou 912 629 190
En todo caso, se o noso fillo ou filla tragou algún produto tóxico como lixivia, disolvente, deterxente, raticida, etc.,
- Non lle provoquemos nunca o vómito
- Acudamos axiña aos servizos médicos de urxencia
- Levar sempre o envase do produto inxerido
Se o que tragan foi algún medicamento, e disto hai pouco tempo:
- Darlle un par de vasos de auga para diluílo no estómago e provocar o vómito introducindo o noso dedo na súa gorxa.
- A continuación, vomitase ou non, acudamos ao servizo médico de urxencia, levando sempre connosco o envase do medicamento.