O bebé debe colocarse boca arriba para durmir pola noite e á hora da sesta. Cando estea esperto, e baixo a supervisión dun adulto, o bebé debe pasar algún tempo boca abaixo.
Antes de nada: Desconectar o interruptor xeral ou despegar o neno sen tocarlle directamente coas nosas mans, se non con algún obxecto illante, como por exemplo unha cadeira, unha vasoira...
Antepoñendo a seguridade e a orde á decoración e ao descoido no fogar en xeral, evítanse posibles golpes ou caídas de maior ou menor gravidade.
Trátase de manter unha actitude intelixente e de equilibrio entre a súa propia e progresiva autonomía, e a nosa protección e vixilancia constantes.
Existe un Centro Nacional de Información Toxicolóxica, ao que podemos recorrer telefonicamente as 24 horas do día para resolver as primeiras dúbidas sobre que facer cando nos enfrontamos a unha posible intoxicación.
As estatísticas demostran que é a cociña o lugar da casa onde máis accidentes infantís se producen.