Cada canto tempo ten que mamar o meu bebé? Necesito poñerlle un horario?

Cada canto tempo ten que mamar o meu bebé? Necesito poñerlle un horario?

A lactación materna debe ser á demanda, é dicir, débeselle ofrecer o peito ao bebé sempre que o pida, así garantiremos que se produza o volume adecuado de leite que necesita.

Cada bebé é diferente e ten o seu propio ritmo. Algúns prefiren facer tomas curtas e frecuentes e outros maman máis tempo menos veces. Polo tanto, non convén limitarlles as tomas ou a duración destas.

Os bebés con fame moven a cabeza buscando o peito e chupan as mans. Convén ofrecerlles o peito nese momento e non esperar a que choren, xa que o pranto é un signo tardío de fame e estarán máis nerviosos e poden chegar a rexeitalo.

Hai que ter en conta que o peito non soamente é alimento senón tamén consolo e agarimo, por iso, ante a dúbida de por que choran, o mellor é ofrecérllelo.