Metabolopatías

Metabolopatías

Programa galego para a detección de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal.

Para poder detectar posibles enfermidades metabólicas ou das glándulas endócrinas debe facerse unha análise de sangue e de urina. Estas análises poden facerse antes da alta hospitalaria, sobre as 48 horas de vida do seu bebé. No caso de que non se tomen as mostras no hospital ou na maternidade, debe acudir ao seu centro de saúde o antes posible. Trátase, no caso de que houbese algún problema, de detectalo e tratalo axiña para evitar as posibles severas secuelas destas enfermidades.