Vixiar o desenvolvemento psicomotor
O seguínte cadro resumo de desenvolvemento, axuda a facer un seguimento da súa evolución na motricidade e na maduración psicolóxica, e de como se vai adaptando progresivamente ao seu medio.
Trátase dunha exposición ordenada dos momentos aproximados nos cales, normalmente, os nenos e nenas van logrando determinadas capacidades.
Calquera carencia ou variación no seguimento deste calendario non supón obrigatoriamente unha anomalía, pero faise preciso consultalo co/a pediatra, para confirmar ou descartar algún atranco e, se é o caso, tomar as medidas oportunas.
Neste cadro resumo recomendado por asociacións de pediatras de todo o mundo, queda recollido o fundamental.
1 mes
- Fixa a mirada
- Balbucea
- Reacciona ao ruído
- Succiona correctamente
2 meses
- Sostén a cabeza collido no brazo
- Emite variedade de sons e choros
- Segue obxectos coa vista
- Desfruta coas caricias
4 meses
- Xira a cabeza cara a un ruído
- Agarra obxectos
- Ri cos pais
- Sostén a cabeza estable
6 meses
- Segue obxectos en movemento
- Xira sobre si mesmo
- Séntase con apoios
- Recoñece o seu nome
- Achega obxectos á boca
9 meses
- Balbucea en diferentes tons para chamar a atención
- Busca obxectos escondidos
- Séntase sen apoios
- Está de pé con apoios
- Fai pinza cos dedos índice e polgar
12 meses
- Entende ordes sinxelas
- Comunícase cunha linguaxe propia
- Iníciase en camiñar con apoio
- Expresa variadas emocións
15 meses
- Sinala obxectos en debuxos
- Pronuncia máis de cinco palabras
- Camiña só
- Leva a comida á boca
- Mostra tristeza
- Ensina obxectos aos pais