O chupete

O chupete

Usar o chupete non é algo obrigatorio, e hai bebés que o rexeitan. Só cumpre a misión de satisfacer o instinto de chupar, tranquilizando o bebé, pero non debe ser un fácil substituto dos coidados necesarios. Non prolongar o uso do chupete máis alá dos 12 ou 15 meses para evitar deformacións na boca e na dentadura.

Para abandonalo, sempre será máis práctico «facelo desaparecer» que rifar e ridiculizar o pequeno.

  • Os de forma anatómica son os máis recomendables
  • Mantelo o máis limpo posible, fervéndoo en auga dez minutos con frecuencia.
  • Cambialo antes de que se estrague. A goma gorda e desfeita deforma máis a boca e agocha mellor os xermes.
  • Non o mollar nunca en mel ou azucre. Favorece enormente a aparición da carie nos primeiros dentes. Por suposto, tampouco en ningún tipo de bebida alcohólica.

Os bebés chúpano todo e tamén os dedos, sobre todo cando teñen fame, lle doen as enxivas pola saída dos dentes ou están cansos e queren durmir. O chupete pode ser unha boa medida, se isto ocorrese de xeito prolongado, intenso e repetitivo. Chupar o dedo, deforma máis a dentadura.
Cando xa teñen dous anos e reaparece o xa abandonado chupeteo de dedos, pode deberse a situacións de celos ou inseguridades que será preciso investigar, e tratar sen castigos e ameazas.

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde